Refráns

Ao longo da historia da escrita, podémonos atopar cunha serie de frases moralizantes ou dirixidas a temperar os malos “tragos” daqueles que, por algunha inxustiza, séntense agraviados, humillados e ofendidos, por “forzas” superiores. En galego hai un feixe delas, que serían moi interesantes, aínda que moi longo de relatar. Tamén os chinos teñen un bo repertorio, entre os que atopamos este: “Séntate diante da túa porta e verás pasar o cadáver do teu inimigo”. Coido que é un dos proverbios máis coñecidos e pacificadores, pola súa chamada á paciencia e, o evidente rexeitamento á violencia.

Mais eu véxolle algún inconveniente, cando o causante ou causantes dos agravios, non son persoas ou seres deste mundo. Por exemplo, no caso dun Banco, que che rouba a casa que mercaches cunha hipoteca na que investiches os aforros de toda unha vida de traballo, xa podes esperar sentado ou mellor de pé, que tanto ten, porque xa non tes casa.

E no caso dun concello que che estafa, cobrándoche por servizos que non che dá, tampouco che valerá de moito a esperanza de ver pasar nunha caixa ao Concello, aínda que a algúns responsables os coma o demo antes que a t.i, pero se agardas sentado, podes facelo nas escaleiras do Pazo Municipal. Noutros casos, podería haber algunha pequena posibilidade de “vinganza”, como na política, non votando aos que che mentiron e enganaron. Claro que esa é unha posibilidade moi pequena, se temos en conta aquilo de: “Outro virá que bo a este fará” .

Ou sexa, que se temos en conta o refraneiro, diranche que: te poñas como te poñas, tes que chorar”. E se pides consello, “Por unha banda ti xa ves e pola outra, que queres que che diga?”. E mais, a fin de contas, como dixo Napoleón o xefe da granxa, “todos somos iguais, pero uns máis que outros”. Efectivamente así é, ou non?

Refráns

Te puede interesar