Receo

Areunión do Papa coa Ministra de Traballo señora Díaz, espertou grande receo entre os compoñentes de certo sector da cidadanía, seica por medo a que o comunismo da señora Ministra puidese contaxiar á Súa Santidade. Coido que é de sinalar a “inxenuidade” de todas esas persoas que, sen dúbida dentro da súa presunta boa fe, non caeron na conta da posibilidade de que o contaxio fose ao revés, é dicir, que fose a señora Díaz a que saíse contaxiada e reforzada nas súas crenzas cristiás, se temos en conta que, consonte a opinión de moitos filósofos e historiadores, o primeiro comunista da Historia foi, precisamente Xesucristo. Xa que logo, por dedución, supón un comunismo máis arraigado nos sentimentos do Santo Pai, tendo en conta aquela frase de Xesús dirixida ao seus primeiros seguidores que, máis ou menos dicía así: “Se de verdade queredes vir comigo, deixade todo o que posuídes, dádello aos pobres e seguídeme”. A lo menos iso é o que estaba recollido na Historia Sagrada que nos ensinaban sendo nenos. Claro que, puidera ser que o medo dos pusilánimes fose esta última hipótese, e que, a influenza do Papa “Paco” incitara á Ministra a ser un pouco máis radical, no seu xeito de mellorar as condicións dos traballadores e da xente menos favorecida, cousa que de ningunha maneira poderíase consentir. Velaí pois, o xustificado receo dos “crentes”, daqueles que din: primeiro eu, despois eu e, se sobra algo, para min. Mala chispa...!!

Receo

Te puede interesar