Un tal Pérez

A poucos van aparecendo unha nova xeira de escritoras e escritores galegos, que contan historias desde a visión das xeracións que tivemos a sorte de vivir – practicamente – todo o noso devir en democracia. Hai unha literatura de novo trazo, moi fresca porque son de xentes que teñen as mesmas vivencias comúns que calquera. Deste grupo forma parte Llerena Perozo Porteiro que, recentemente, pasou polo Ateneo Ferrolán.


Aínda que non é a súa primeira inmersión literaria: “Pérez, historia dun triunfo” (Galaxia 2021) é a súa primeira novela. Un relato sutil pero sen concesións. Un “machista de pro” con éxito social, unha crítica ao oportunismo político e, por riba de todo, a historia de mulleres que sofren violencia de xénero e, nalgúns casos, sadicamente prostituídas. Unha historia de supervivencias, feminista, embargado de sororidade e que busca sumarnos. Historias reais para este mundo noso. Si, noso.

Un tal Pérez

Te puede interesar