Palabras e significados

eica que todas as palabras poden ter varios significados que serán quen de albiscar as persoas sensibles, como os poetas e os cantores. Coido que unha desas palabras pode ser “Camiño”, a xulgar polas ideas que poden espertar no maxín dos soñadores. Por exemplo: MAXIA, cando o poeta di que, “O arrieiro vai … prendido na Maxia dos camiños”. Ou AMOR, cando di que “o camiño ten dúas puntas e nas dúas alguén che espera”. NOSTALXIA, cando o tempo borrou aquel “caminiño que xuntos un día nos vira pasar”. ESFORZO, cando “o destino vai marcando as pedras do camiño ”. ESPERANZA, porque “quizais camiñando a vida nos volva a xuntar”. E ata pódese atopar Camiño, cando camiño non hai, porque “camiñante non hai camiño, pero faise camiño ao andar”. Tamén nos din que “ao fin do camiño poderás atopar as cousas que hai en ti”. E por se fose pouco, os galegos temos a nosa filosofía sobre o camiño, que “xa se anda con pan e viño”. E, se pode ser, cun pouco de “compango” para acompañar, digo eu. Ou non é?  

Palabras e significados

Te puede interesar