Hai unhas enormes ganas de volver á “normalidade”. Está presente en cada conversa nosa ou nas que oímos en calquera café. Estes dous anos de pandemia deixa unha grande ferida na nosa economía e na nosa situación emocional.
Levamos meses con subas especulativas nas tarifas enerxéticas que para as clases traballadoras e media son imposibles, provocando unha inflación en todos os demais produtos. Á vez, Putin decidiu disputarlle a hexemonía aos EEUU e aos seus satélites, e sen ningún pudor, invadir e provocar unha catástrofe humanitaria en Ucraína.
Necesitamos unha intervención no sector eléctrico, pero tamén regular os disparates da banca e no propio funcionamento das Bolsas, hoxe a mercé dos grupos de presión. Até cando poden esperar as persoas e as empresas, a economía real, a unha decisión de Europa? Si, “Winter is coming”... pero, estamos na vida real e as persoas necesitan solucións xa.