Non hai dereito!

Segundo a ONU en 2021 Groenlandia perdeu máis xeo na tempada de desxeo da que gañou no inverno, sumando un carto de século seguido de perda de capa xeada. Ao mesmo tempo segundo tamén Nacións Unidas no seu boletín de novas do 12 de xaneiro, o 2022 empezou co maior rexistro de infectados pola Covid-19 desde que empezou a pandemia. Concretamente 15 millóns en unha estimación a baixa como recoñece o propio organismo. Pola contra o número de mortes mantense estábel desde outubro, con perto de 48 mil mortes semanais.


Todo isto que esta a pasar, lévanos a pensar, que o lóxico sería que os nosos gobernantes estivesen reforzando a sanidade pública para facer fronte a esta avalancha de infeccións. Máis a nosa sorpresa (que no caso do que escribe e de outras moitas non é tal) e que non so non se esta a potenciar as capacidades do Sergas, senón que estase a facer todo o contrario. Nestes días pasados podíamos a ler nos diferentes Mass-Media, como en Galiza na zona centro-sur a falta de médicas e enfermeiras levaba a pechar desde unidades de urxencias, atención a domicilio ata o servizo de Farmacia do hospital do Salnés, por falta de facultativas e profesionais sanitarias.


Porque todo isto como di Montse Prado conselleira do BNG no parlamento galego, é a pedra angular de perto de 12 anos de recortes continuados e traspaso de insumos da sanidade pública cara a privada, coa conseguinte desfeita, como estamos a comprobar desde fai tempo, mais agora aínda super agravada pola pandemia.


Fai uns días en Ferrol Vello, as habitantes deste barrio levantaban de novo a hacha de guerra, 

comunicando novas mobilizacións para que abran o centro de saúde do barrio, pechado desde fai un par de anos, a pesar das promesas de Rey Varela de abrilo en setembro do 2021 e para o que agora a Xunta din, que non poden abrilo pola Covid-19.


En conclusión, a política da Xunta ao final é centralizar todo en detrimento da saúde da veciñanza, porque como di Iván Rivas (BNG-Ferrol) o que hai que facer, é dotar de insumos materiais e de profesionais os centros de saúde, reforzando deste xeito a sanidade de proximidade e reforzando sobre todo a atención primaria, a cal, é a base da pirámide e sen ela, desmoronase todo o sistema sanitario.


Xa para rematar Nuñez Feixoo e o seu goberno do PP, aprobaron uns presupostos para este 2022, nos que o apartado de sanidade, o apartado para o Sergas, reduce en un 2% o presuposto en comparación co ano anterior.


Sen palabras. Non hai dereito!


Manter unha boa saúde debera ser o obxectivo principal de todos nós. ( e dos nosos gobernos engado eu). Sangram Singh (deportista,escritor e guru da saúde indio).

Non hai dereito!

Te puede interesar