Miña negra sombra V

Nesa situación de escaseza na Bazán, decidín intentar a emigración, para mellorar economicamente e, de paso, escapar da “sombra negra”. Así, marchei a Francia, onde traballei un ano sen problemas, ata que a empresa me impuxo a condición de trasladarme alí coa familia, para facer un contrato fixo. Regresei a casa e falei coa miña nai, pero ela negouse ao traslado, así que o intento fracasou e volvín á Bazán, de onde saíra con permiso. A segunda vez, foi cando na Empresa se organizou unha cooperativa de vivendas. Aquela podería ser a solución, así que presentei a solicitude como outros moitos compañeiros, mais a miña foi rexeitada, porque eu “xa tiña unha vivenda social”. Este segundo fracaso fíxome resignar coa miña sorte e, decidín comezar a modernización da casa, co meu traballo e os meus cartos, porque da miña sombra tan escura, nada bo podía esperar.  Aproveitando os festivos e o tempo libre, traballei arreo para converter a casa nun fogar decente. Cociña, baño, solos, portas e ventás, así como as liñas eléctricas e as tuberías de auga fría, quente e de baixada. Todo foi renovado, grazas a algún préstamo e os meus curtos aforros.

Miña negra sombra V

Te puede interesar