Menos fumes

Este 13 -14 de setembro, os termómetros chegaron a marcar, em determinados lugares da nosa comarca, os 30ºC. Unha temperatura anómala, primeiro nas datas e despois na zona xeográfica na que se da. A ciencia esta a avisar, de que o cambio climático, ben con moita máis virulencia, do que as científicas pronosticaban.
Un aumento das temperaturas, que ten o seu principal responsábel, na queima de carbón, gas e petróleo, por un 20% da humanidade, mais os efectos nefastos deste consumo de combustíbeis fósiles, vainos padecer todo o planeta, sendo os máis febres e os que menores recursos poidan ter, para mitigar os efectos deste cambio do clima, os que máis vannos sufrir.
Nacións unidas desde fai uns anos, nomeou o 15 de setembro, como o día mundial sen carros particulares, unha data que nace en UK, con motivo da crise de subministro de petróleo. Unha data cargada de boa intención pola ONU, mais que non deixa de ser simbólica, non vinculante e cuxo único obxectivo é, concienciar a poboación, do problema que supón hoxe en día o carro particular.


Desde sempre a industria do automóbil, vendeunos o falso mito, de que o carro particular, era símbolo de liberdade. E efectivamente, houbo no seu momento algo de certo nesta afirmación, mais na actualidade, o carro particular debido a inxente número que hai nas cidades, o carro repito, é máis unha fonte de problemas, que de independencia e liberdade. Xunto a isto, as políticas desenvolvidas polas administracións, as cales buscaban em primeiro lugar, priorizar o uso da mobilidade motorizada privada, o que fixeron repito, é levantar máis muros entre as cidadás, xa que, moita xente nom ten os medios para poder mercar e manter un coche. Desde colectivos con determinados handicaps, xentes que gañan pequenos salarios, como maiores e mozas entre outros, están en unha posición de desvantaxe a hora da súa mobilidade e con elo, a hora de competir en determinados asuntos fulcrais da vida, debido ao deseños das cidades, onde o mobilidade motorizada privada ten preferencia. So ha que pensar nos departamentos de tráfico dos nosos concellos, cando debesen ser, departamentos de mobilidade das cidadás e non estar proxectados para o coche privado.


Xunto a isto ha que dicir, que houbo un momento na historia, que a produción e venta de coches, xeraba riqueza na economía, mais desde fai moito tempo, isto quedou por debaixo dos custes que ten, quer medioambientais quer en saúde das persoas, producindo máis negatividades que bondades económicas.
Xa para concluír, é fulcral, que as cidades se rediseñen pensando nas súas habitantes, pensando em fazer cidades habitábeis, cidades onde todo este conectado a hora de fazer o noso día a día, sen necesidade de desprazarnos largas distancias, cidades onde as meniñas e meniños poidan xogar sen ter riscos, cidades onde o peón sexa a prioridade ou cidades onde o consumo de enerxía redúzcase de xeito considerábel.
Estas cidades son sen lugar a dúbidas posíbeis. So hai que mirar para Pontevedra.

Menos fumes

Te puede interesar