Maniobras de distracción

Para Santi, irmá benquerido,


nos seus días

 

 

ai poucos días fixo anos meu único irmá. Xa van aló 71, o que me fixo recordar que, en nada, á volta do verán, me van caer os 73, que non son nin moitos nin poucos, simplemente son uns cantos, uns vellos coñecidos cos que, de cotío, hai que convivir. A data de cumpreanos lembroume, que tamén en poucos meses haberá 40 anos que, de xeito, moi violento, mataron -só por ser boa persoa- o noso pai, triste acontecemento moi presente no íntimo das nosas vidas. A experiencia dos anos, que non toda a xente, nin moito menos, enfronta da mesma maneira os problemas que lles presenta a vida. Particularmente, quixen afrontar o duro trance sen ira nin rencor de ningunha caste, porque nada gañaría con iso. Meu pai non ía voltar. E por iso non quixen poñerlle nin cara nin voz ao asasino e decidín non asistir ao xuízo -meu irmá si- que o condenou a 30 anos. Tampouco quixen -o mesmo que meu irmá- manifestar máis opinión que a de deixar, sen máis, a decisión nas más da xustiza ás peticións de beneficios penitenciarios solicitadas polo autor do asasinato. Non sei nin quixen saber máis desa persoa. Aí está a xustiza. Quero dicir con isto que eu, que, por desgraza, fun, e sigo a ser, vítima e sei ben o que é iso, nunca me afiliaría a asociación ningunha de vítimas de calquera tipo de asasinatos. Como tampouco -en terreos ben diferentes- nunca me afiliei á “clasista” asociación de catedráticos de Universidade nin, como funcionario que son, a mutua sanitaria privada de ningunha caste. Se son defensor a ultranza da sanidade pública, como vou estar na sanidade privada? Aínda que hai quen o fai, quen non predica, precisamente, co exemplo. Coñezo bastantes políticos/as, militantes e/ou dirixentes de todo o abano da esquerda, que, como funcionarios/as que son, elixen a opción sanitaria privada. Non serei eu quen diga nomes. Pensen en quen lles parezan militantes e dirixentes significados/as e é moi posible que acerten.


O día en que se cumprían anos do nacemento de meu irmá, andaba o expresidente Núñez Feijoo -que, como creo e espero, aínda que a miña confianza na especie humana non seña excesiva, vai seguir con esa denominación- de campaña electoral por Lugo, repetindo o mesmo que xa dixera por onde pasou, que se Sánchez tal e que se Bildu cal. Agora resulta que, segundo as súas palabras, Lugo está gobernado por “socios” de Bildu, que ben sendo o mesmo que se dicimos que moitas institucións están gobernadas polos socios de Vox, o que sería máis certo e evidente. Velaí Madrid.


A min a verdade é que esa caste de chistes malos, que só serven para falar por falar, porque aquilo do “puedo prometer y prometo” de Adolfo Suárez xa sabemos sobradamente en que fumes foi quedando. Que cousa, que non saibamos xa, nos veu contar a Ferrol do seu candidato? Xa estivo aí e xa sabemos o que fixo. E vai volver facer o mesmo, que a xente pouco ou nada cambia.


O de Bildu, o dos presos de ETA nas súas listas e cousas desa índole nada teñen que ver coa política municipal galega e, ademais, nada aportan á convivencia.

Maniobras de distracción

Te puede interesar