Madrid descubre a Feijóo

Cando en abril de 2022 Feijóo foi proclamado presidente do PP co respaldo maioritario do partido, manifestou a súa vontade de alcanzar pactos de Estado en cuestións relevantes para o país, seis meses despois decide bloquear unha desas cuestións fundamentais: a renovación do poder xudicial. 
 

Mais este bloqueo ademais de poñer sobre a mesa o cambio de criterio do líder do PP, revela tamén a súa debilidade dentro dun partido ao que supostamente chegaba para liderar e unir. 
 

A presidenta da comunidade de Madrid, que xa se levou por diante ao anterior presidente, lanza un aviso a Feijóo, consigue que cambie de criterio e ademais presume de que así fora. 
 

Pero é que nin Feijóo nin a dirección do PP se atreven siquera a valorar as afirmacións trumpistas da presidenta da comunidade de Madrid e moito menos a pedirlle que rectifique. 
 

Coa súa actitude Feijóo pon de manifesto que nin ten o control do partido nin está cerca de conseguir o seu principal obxectivo unir ás dúas almas do partido popular: a máis moderada e a máis cercana a Vox que encabeza Ayuso. 

O “Feijóo moderado” que tanto gustaba en Madrid amosa seis meses despois a súa auténtica faciana, a dun dirixente que muda o seu discurso en función dos seus intereses persoais. 
 

En Madrid están a descubrir como Feijóo pode falar de moderación e acordo pola mañá e referirse á Guerra Civil como unha pelea entre avós pola tarde.  
 

En Galicia xa o sabiamos, xa coñeciamos as múltiples caras dun político que vende responsabilidade e sentido común cara a fora mentres aplica políticas irresponsables cos que máis o precisan, que demanda máis médicos ao Estado mentres deixa esmorecer o noso sistema sanitario, que pide máis fondos para a loita contra a pandemia mentres desvía 159 millóns de euros do fondo COVID  a outros fins.  
 

Éste e o verdadeiro Feijóo o que de moderado, por agora, só ten o título e o ton de voz.

Madrid descubre a Feijóo

Te puede interesar