Investimento ou cenoria

Outra vez nos queren facer comungar con rodas de muíño, lembrándonos os famosos cinco mil millóns que din van ser investidos na nosa zona e seica pretenden “dourarnos a píldora” co invento ese do PERTE do naval galego. Insisten en poñernos eses cartos diante do fuciño, como din que lle fan ao burro para que ande. Mais é inevitable pensar que nos teñen por parvos– ou por burros –se temos en conta que deses cinco mil, máis de catro mil e medio, son para facer unhas fragatas que non son para Ferrol, senón para o Estado Español e que, a maior parte dos equipos e materiais son traídos de fora e mesmo do alén mar  E do resto, hai varias outras partidas que, aínda sendo empregadas en Ferrol, son tamén para o Estado, como os investimentos en Navantia, que está en Ferrol, pero coido que paga impostos en Madrid, ou non é? Xa que logo, o que quedará aquí son os soldos dos traballadores, ben gañados con moita suor e, aínda diso sacará “tallada” o Estado, por medio do IRPF, non si? É dicir,  que este burro non comerá a cenoria, pero pode ir pastando polo camiño. Cun pouco de sorte, claro.

Investimento ou cenoria

Te puede interesar