Intermediarios

mediados dos anos sesenta do pasado século formouse na cidade tinerfeña de La Laguna o grupo musical Los Sabandeños, que a día de hoxe, case sesenta anos despois, segue a ter actividade permanente. Recordo telos visto actuar unhas cantas veces na televisión e lembro que gustaba do seu repertorio, xa folclórico canario, xa de música latinoamericana. Unha das cancións que mellor recordo é a “Polka Frutera”, da autoría do xornalista e poeta lagunero Nijota (oficialmente, Juan Pérez Delgado) e do tamén xornalista, algún tempo alcalde e membro portavoz da agrupación musical Elfidio Alonso. O tema foi gravado por primeira vez en 1973 –aínda vivía o ditador– no LP que facía o número 3 da Antología del folklore canario. Esta é a letra, que reproduzo enteira, porque, reformándolle catro ou cinco cousiñas, segue a ter vixencia 50 anos despois. Non lles parece?


“¿Quién es ese elegantísimo, / orondo y gran caballero? / Eso es un intermediario en el negocio frutero, / eso es un intermediario en el negocio frutero. // ¿De quién es ese palacio, / orgullo del pueblo entero? / Eso de un intermediario en el negocio frutero, / eso de un intermediario en el negocio frutero. / ¿De quién es ese automóvil, / tan lujoso y tan ligero? Eso de un intermediario en el negocio frutero, / eso de un intermediario en el negocio frutero. // ¿De quién es ese vapor? / ¿De quién es ese velero? / Pues son de un intermediario en el negocio frutero, / pues son de un intermediario en el negocio frutero. // ¿Quién es el que emprendió viaje / a Madrid y al extranjero? / Esos son intermediarios en el negocio frutero, / esos son intermediarios en el negocio frutero. // En el negocio frutero, en el negocio frutero. / Es todo un intermediario en el negocio frutero. // ¿Quién es ese potentado? / ¿Quién es ese consejero? / Esos son intermediarios en el negocio frutero, / esos son intermediarios en el negocio frutero. // ¿Quiere darme cinco duros para comer, caballero? / ¿Quién sos tú? Yo soy un pobre del campo, agricultor platanero. / Yo soy un pobre del campo, agricultor platanero. / Yo soy un pobre del campo, agricultor platanero”.


Antonte mesmo, no noso Diario atopabamos uns clarificadores exemplos de incremento de prezos de produtos alimentarios totalmente fóra de lugar: algúns, como no caso dos limóns, chegaban ao 880%, isto é, a multiplicar o prezo que se paga ao cultivador por 9,8, isto é, pasar de 0,20€ a 1,96€, case nada. A tenreira subiu un 286% e todo por aí. Unha loucura, en definitiva.


No fundo desa tolicie –sen esquecer ese invento tan próximo do latrocinio chamado IVE– están os intermediarios, cos que non é doado acabar. Son unha creación do sistema capitalista que se fixo case que inherente a el. Xa que logo...


O curioso é que os que máis padecemos esas subas de prezos, que nada teñen que ver co incremento dos nosos salarios ou pensións, todo o máis que facemos é queixarnos en silenzo ou alzando timidamente a voz. Protestan outros, que, en moitos casos –non en todos, que hai moito de río revolto–, probablemente teñan boas razóns para facelo, porque os seus custos de produción tamén están subindo. Mais calquera posible solución do problema pasa pola UE e non esquezamos que quen manda alí é o PP europeo. Que non nola queiran meter cruzada.

 

Intermediarios

Te puede interesar