Onferniño configurouse como un barrio de clases traballadoras e medias. Foi unha referencia no seu momento e un lugar atraente, significando crecemento e un proxecto de cidade para Ferrol. A carón da estrada de Castela, considerada por moitos como un pulmón social, pola súa concentración de cafeterías e comercios, polo seu cheo de xentes que van dun lado para outro todo o día. Un barrio con vida.
Máis levamos uns anos que esa estampa positiva, vaise deteriorando progresivamente. Ademais, xa saben que a percepción da realidade marca moito o auxe ou declive de calquera barrio. Hoxe hai novos retos que ninguén parece querer facer fronte. Si, estes significan traballo e, como mínimo, unha actuación integral, onde participen todas as administracións.
Neste Inferniño convertido nunha torre de Babel actual, o problema non é ser un barrio multicultural. Senón a necesidade de recuperar a convivencia rota en algún momento por aqueles que aproveitan as fisuras que toda sociedade cambiante ten. Hai problemas estruturais que esixen actuacións tanto no eido da planificación urbanística, social, cultural como da seguridade. Ten razón a asociación veciñal encabezada por Rafael Leira, neste tempo xa non valen parches.