Ilustrísima

A paixón polos libros lévanos a algúns a buscar na rede vellas edicións, aínda así un procura acabar localizando o enderezo físico da libraría pertinente. Así estes días fun quen de lograr unha primeira edición de “Ilustrísima” de Carlos Casares (Galaxia, abril 1980). 
 

Outras das cousas é a “pretendida” vixencia dos libros. Neste caso, podemos dicir que a “Ilustrísima” de hai corenta anos segue a estar moi actual. Desenvólvese na cidade natal do autor, Ourense, e na España do ministro liberal e ferrolán José Canalejas. Unha trama tan de hoxe como a necesidade da tolerancia e dun diálogo que faga fronte ao integrismo relixioso, aos seus grupos sectarios e aos perigos da violencia que busca impoñerse a costa da liberdade das persoas e da súa propia sociedade. Incluso o xeito de contar de Carlos Casares segue a ser contemporánea, non máis que algunha corrección ante tanto cambio de normativa no galego.
 

Á marxe disto, dicir que sabía da tradución do Rei Lear por Álvaro Cunhal para Caminho (todo lector de galego - cun par de notas - pode facelo en portugués). Pero, descoñecía a existencia dunha propia de Casares para nenos, da Colección Dragón Vermello, con ilustracións de Teresa Cáceres.

Ilustrísima

Te puede interesar