Gandería extensiva? Si grazas!

Segundo o informe Perspectivas mundiais do Banco mundial, a economía mundial terá un crecemento de case dous puntos menos, neste e no próximo ano (-3.2%) por mor de unha menor demanda, xa que, desapareceran o diminuirán os apoios e incentivos fiscais na maior parte do planeta. Sobre todo serán as economías emerxentes ou en desenvolvemento pola súa condición de países ex-tractivistas, as que maior sufrirán esta desaceleración debido a menor demanda de materias primas sobre todo polos EUA e China,


Nós na Galiza, sendo o noso país, un país que está a sufrir a desindustrialización desde fai máis de 4 décadas, temos a posibilidade de fornecer a nosa economía, a economía galega, apostando polo rural. Un rural capaz de crear riqueza de todo tipo: Desde a turística apostando por un turismo de calidade e sostíbel, como a produtiva sendo o noso pais capaz de crear produtos de alta calidade de todo tipo.


Nestes días onde esta na boca de todas por mor dun novo bulo da dereita extrema e da extrema dereita, a cal volve a demostrar unha vez máis, a súa capacidade para converter sucias mentiras en verdades absolutas, polo menos por un determinado tempo, esta vez sobre as declaracións de un ministro, o cal, simplemente dixo o que moitas de nós levamos anos denunciando. Que as macrogranxas de vacún e porcino onde o maltrato animal quer físico quer psicolóxico, a gran produción de todo tipo de residuos, a maioría con grandes concentracións de fármacos, como as enormes emisións de gases de efecto invernadoiro sobre todo metano produto da alimentación dos animais, fan que este terríbel negocio sexa totalmente inasumíbel desde calquera punto de vista e que debemos ir pensando en prohibilas, algo que desde o ecoloxismo galego levamos anos reclamando.


Porque na Galiza a pesar de que Nuñez Feixoo apoiou e deu o beneplácito a instalación de unha macrogranxa de polos de perto 50 mil animais a cal, a xustiza acaba de tumbar, a maior parte da gandería polo menos de vacún e porcino e sostíbel, con un crecemento cada vez maior da gandería extensiva, a única que é sostíbel medio- ambientalmente e ten o benestar animal como referente.


A gandería extensiva ten moitos beneficios entre eles: os animais non se alimentan a maior parte doa ano de produtos polos cales compiten cos humanos, controlan territorios onde os animais gobernan estes espazos algo imposíbel sen eles, polo que controlan a xestión e rexeneración dos pastos e ao mesmo tempo, evitan incendios axudando a secuestrar e que non se libere CO2


En definitiva apoiar a gandería extensiva é fulcral para a loita contra o cambio climático, mais tamén debemos ir pensando en reducir o noso consumo de carne e apostar mais polas dietas veganas ou vexetarianas.

Gandería extensiva? Si grazas!

Te puede interesar