Francia como espello

Aprobación o pasado 15 de abril do decreto da reforma do sistema de pensións por parte do governo de Macron, aumentando a idade de xubilación e os aportes da povoacion empregada, alentou a oposición social en Francia contra do Executivo, que segundo as enquisas acada un rexeitamento do 70%.  As folgas e accións de protesta masivas do último mes deixan en evidencia o estado de animo da povoación, tal como se reflectiu de novo este 1º de maio nos centos de manifestacións convocadas polos sindicatos para conmemorar o Día Internacional da Clase Traballadora. Entre 800 mil persoas (segundo o Governo) e os 2,3 millóns persoas (valoran as centrais) mobilizáronse no país.


Mesmo sendo unha xornada historicamente reivindicativa, trátase de manifestacións pacificas, polo que chama a atención que se practicasen 540 detencións, que participasen 15.000 policías no aparello de seguridade, e que deles resultasen feridos 406 fronte a só 61 entre os manifestantes (son cifras de feridos difíciles de crer,... se fosen certas implicaría que os manifestantes poderían tomar as institucións, a menos que se empregase armamento... será esta a sensación que se quere transmitir, e xustificar así a resposta contundente das forzas de seguridade e penas exemplarizantes?).


As análises sobre unha protesta social, que vaia a máis en Francia, coidan que o carácter regresivo da reforma do sistema de pensións, así como o método utilizado para a súa aprobación, acadaron unha resposta tan contundente porque se suma á perda do poder adquisitivo dos salarios por mor da inflación, á destrución ecolóxica, á precariedade laboral... porén tamén, porque neste contexto tan negativo para as maiorías sociais, como contraste non deixan de aumentar os beneficios das grandes corporacións, crecer os gatos militares e a intervención exterior.


O que está a suceder en Francia non é unha excepción. Só se trata de que hai condicións internas máis acaidas para que a maioría social dea resposta a unha situación económico-social-ecolóxica, ou sexa sistémica. E que se repite por todo o mundo, como consecuencia da desigualdade xerada pola globalización neoliberal e un poder unipolar. Polo tanto afecta moi directamente á Unión Europea metida nun conflito externo cumprindo un papel subimperialista, e perdendo o subministro tradicional de recursos enerxéticos e de materias primas. Daquela que as accións de protesta se estendan por Alemaña, Reino Unido, Portugal, Grecia... e que a conflitividade laboral e por razóns medio ambientais tamén vaia a máis no país galego. 

Francia como espello

Te puede interesar