O Ferrol que queremos

Recoñezo a miña preocupación ante a radicalización do discurso político, o uso das mentiras e da difamación para denigrar as políticas e aos líderes da esquerda. Algo que, lamentablemente, hai tempo que está traspasado tamén ao eido local, tanto polas redes sociais como por quen, de xeito despectivo, falan de “sanchismo”, pretendendo invocar os instintos primarios e así seguir sempre nos vellos debates de hai dúas décadas.


Pero, o certo é que somos unha cidade europea, cos problemas que puidera ter un francés ou un belga... Incluso aquelo que supuxo un agravio polo atraso nas novas infraestruturas, ten como contrapartida que tamén sabemos o que non queremos. Por exemplo: ese turismo de masas, que expulsa á poboación local e converte ás cidades en “parques temáticos”.


Fronte aos vellos debates; que tipo de turismo queremos para Ferrol? Como imos regular os pisos turísticos e facemos fronte á suba especulativa no alugueiro da vivenda? Como evitamos a xentrificación que xa se está a dar? Somos conscientes da compra masiva de inmobles por foráneos e dos cambios sociais que van a provocar na próxima década? Estamos a tempo de construír o Ferrol que queremos, reforzando o noso dereito á cidade.

O Ferrol que queremos

Te puede interesar