Semella que o Convenio con Defensa é, máis unha outra vez, motivo de controversia, provocando enfrontamentos entre os diferentes concelleiros e facendo imposible un acordo para o citado convenio. E, como a min non me van deixar opinar, aproveito para dicir que, pola miña parte NON. Non estou de acordo en pagar nin un céntimo por recuperar as parcelas que foron dedicadas á defensa de España; concretamente ás que xa non teñen ese cometido. E xa que logo, por que teríamos que pagar os ferroláns por algo que estivo dedicado á defensa de todos os españois? Porque a nós non nos defenderon, nin cando viñeron os franceses, pois foron os ingleses os que botaron unha man, nin cando viñeron os ingleses, que apañaron unha boa malleira nos montes de Brión. Ou sexa, que menos contos e que devolvan xa o que é dos ferroláns. Ou se non, que paguen os impostos correspondentes como calquera fillo de veciño, porque xa está ben, home!!! Coido que podemos considerar á Defensa como unha mala madrasta. Ou non é?