Éxito de Nadal

Até o mal tempo invernal destes días foi quen de respectar a vontade das e dos ferroláns e das xentes vidas de toda a comarca, que decidiron facer súa a cidade. Nin tráfico, nin a choiva nin o frío lograron frear este nadal. Moreas de persoas, rúas ateigadas e a decisión de saír na procura da felicidade, por moi efémera ou trivial que esta poida parecer.
 

O clan do “en Ferrol todo está mal” sobresaltado. Ninguén fíxolles o máis mínimo caso. Nin moito menos a aquela persoa que protestaba porque Ferrol estaba imposible por causa da cabalgata de Reis. Quédome cunha cousa lida estes días atrás neste xornal: para moitas nenas e nenos esta era a primeira vez que podían participar dun evento así, nunca viran nada igual pola cidade. Pasaron a maior parte da súa vida baixo o síndrome do tapabocas. Cando dano fixo a pandemia!
 

Neste nadal vimos todas as rúas do centro cheas de xentes, comercios, tendas de barrio, librarías e terrazas ateigadas. O alumeado destas datas, paxareira do Cantón incluída, un gran acerto do actual goberno municipal como nunca. Orgullo de cidade.
 

Permítanme usar unha expresión de dúas palabras, que usa o meu amigo Seijas, cando as cousas saen ben e hai que celebralas: un éxito!

Éxito de Nadal

Te puede interesar