Dereito a ser atendidos

Pretenden que para pedir calquera tipo de cita ou documento, usemos unha aplicación. Están a provocar a expulsión masiva de persoas, non só por dificultades no aprendizaxe nas novas tecnoloxías, senón que en moitos casos por verdadeiros calvarios, tanto por parte de aplicacións moi pouco intuitivas como de páxinas oficiais cunha linguaxe tan técnica, que é evidente buscan que a usuaria/o desista. Coa vantaxe de que non hai ningún sistema que conte as solicitudes falladas, co cal estas existen en ningures.


Pedir unha cita vía app para o Sergas ou a administración, os protocolos na sanidade privada que buscan que o cliente desista de reclamar, ou o cobro por operacións nas oficinas bancarias, son exemplos claros. Desbotan un dereito fundamental como é a atención personalizada, humanizada. O dereito a usar ou non as novas tecnoloxías. E, aquí hai culpables e moitos cómplices.
A mala educación e as malas praxes están instaladas nese menosprezo á atención humanizada. Por riba, pretenden facernos crer que a culpa do mal é nosa. As persoas temos dereito a non usar as novas tecnoloxías, a darnos de baixa das redes sociais, a desconectar os  teléfonos ou a usalos só para chamar, se o consideramos.

Dereito a ser atendidos

Te puede interesar