Das disonancias

Hai momentos que algúns desexaran que non dera chegado nunca, así as transicións e o pasar de perfil ante o que non pode ter explicación nin xustificación, podería ser máis doado. Pero non foi así, e o agardado Debate do Estado da Nación chegou. Pero chegou para maior gloria e acerto do Presidente Sánchez. Un exercicio de explicación, claridade e medidas que pretenden poñer ás familias no centro e centro da acción política. E chegaron os apoios, e discursos que evidenciaban que se dera na diana. E tamén a estupefacción naqueles que chegaban cos discursos feitos da casa.


Feijoo asistiu coma un convidado de pedra e viviu en vivo e en directo unha nova perda da oportunidade de estar ao lado dos que necesitan das medidas políticas para poder saír adiante. Iso si, Feijoo non esqueceu defender ás grandes empresas, ás eléctricas e aos Bancos pola suba dos impostos anunciada por Sánchez polos seus beneficios extraordinarios.


Hai esquecementos que falan ben claro de a que e a quen se protexe e se defende. Sempre que ao PP lle pintan bastos, saca a procesionar ao terrorismo e a ETA. Un terrorismo felizmente superado fai moitos anos, e grazas á xestión eficaz de Rubalcaba e  Zapatero, aos que nin se nomeou en todo ese regreso ao pasado que montaron.


Aínda que desta vez non lle saíu tan a conta. Non se pode empezar unha resposta da oposición pedindo un minuto de silencio non acordado na xunta de portavoces.


Porque facelo coñecendo o protocolo, implica que queres poñer o foco noutro escenario, porque quedaron fóra de xogo.


Non tiveron a asonancia imprescindible entre a importancia do momento e a necesidade das medidas para a sociedade. Feijoo consegue, novamente, sumar unha nova disonancia. Temos a seguridade de que non será a última.


Sentirte é un exercicio de austeridade e silencio -dixo El- a harmonía simple dunha ermida na saída do sol...

 

Das disonancias

Te puede interesar