Da luz e das luces

O da luz ven dende o inicio dos tempos. Xa no Xénese sinalaba coma un dos primeiros grandes principios da creación do mundo e da súa viabilidade, aquelo de fágase a luz; coa consecuencia lóxica e inapelable de que a luz se fixo. 
 

E dende aquel mesmo instante, o agochado e invisible fíxose visible. Nada pasou inadvertido e o negativo, absurdo ou inxustificado, quedou en evidencia. Todo isto sucedeu para diferenciar a escuridade, que amparaba todo tipo de abusos, inxustizas e estupideces, da claridade que aporta sempre transparencia e verdade. 
 

Pero as sociedades evolucionaron ao longo dos séculos e avanzaron tecnoloxías, ciencias e desenvolvementos aeroespaciais diversos que nos fan coñecer planetas e galaxias. 
 

E sen embargo, seguimos no debate dialéctico da luz e das luces. A velocidade uniformemente acelerada na que vivimos, fixo perder a diferenciación matizada entre a lux e o lumen, tan importante na concepción ideolóxica das catedrais góticas. Sempre é cuestión de matices e de formas de pensamento, e mesmo de posturas ideolóxicas. Houbo tempos onde o colectivo, o global, as posturas de país, primaban por riba dos posicionamentos individuais ou de parte. 
 

Nesas estamos novamente. O Goberno, a quen por definición lle toca lidar con todos os marróns, propón un resposta contra a ameaza climática e a escaseza de gas, e o PP de Ayuso, previo a ler o proxecto, xa se negaba a cumplilo. Tamén o triste de Mañueco, por un proceso de imitación e vulgo copia, que non acerta a explicar coherentemente. Outros falan da autoridade competencial que lles asiste, obviando a Autoritas superior que reside no Goberno Central. 
 

En fin, que o das luces vai por parroquias e confirmamos que, os dirixentes populares, seguen a utilizar a luz para poder seguir sementando escuridade.
 

Amo a austeridade secreta de sentirte –dixo El– o murmurio de cántico que ten tremor de vida. Ti tes a eternidade solemne dunha estrela...

Da luz e das luces

Te puede interesar