Convivencia

últimamente fálase moito de “convivencia”, por mor do acordo que, seica o Goberno está a negociar para a amnistía dos sancionados por aquel intento de “golpe de Estado” que pretendían algún cataláns. É interesante subliñar o de “algúns”, pois convén que todos os españois interesados no tema saiban, que o da independencia e o rexeitamento á “españolidade”, non é cousa de todos os cataláns, senón daqueles que viven ben con todas esas trapalladas. Hai que ter moi claro que, a convivencia con quen non quere convivir, é imposible; lembremos aquilo de: “Se un non quere dous non rifan”.  Coido que se se fixera unha enquisa a nivel nacional, pode que saíra a favor de que se vaian e rematar dunha vez coa chantaxe, porque vivir sempre escoitando a “pataleta” dos que nos menosprezan, xa se fai un pouco canso. É dicir, que o que se queira ir que se vaia, pero nada de prebendas. E así, quizais sairiamos gañando os demais. Non sei. 

Convivencia

Te puede interesar