Para xente normal non demasiado metida nos entresillos da política, o acordo do recente cambio nos termos da incapacidade, podería ser un principio para outros acordos de maior transcendencia, que poderían mellorar a vida de moita xente, incluídos tamén, por suposto, os discapacitados. Por exemplo, poderían acordar unha redución dos parlamentarios e senadores, que liberarían un gasto respectable en soldos e primas de viaxes. E sobre todo, terían que poñerse á tarefa de buscar a forma de cambiar o sistema electoral, para conseguir que, de verdade, o voto dunha persoa residente nun recuncho de calquera aldea do país, tivese o mesmo valor que o de calquera outro dunha persoa que vivise, por exemplo, en Cataluña ou no País Vasco ou en Madrid. E coido que iso podería servir ademais, para atenuar un pouco as ansias separatistas dalgúns descontentos “supremacistas”, ao perderen forza parlamentar. Mais iso non parece moi doado, porque os que gobernan, tanto uns como os outros, necesitan manter as súas vantaxes. Ou non?