Ciencia, ciencia e máis ciencia

o 21 de xullo do 2021, publicábase na revista científica Science Advances, un estudo da Facultade de Medicina da Universidade de Maryland, na que se anunciaba que dito estudo descubrira, que o calcio dirixe con precisión o fluxo sanguíneo no cerebro.

Fai uns días no portal de divulgación científica Gciencia da USC, colgaban a nova, de que un equipo de investigadoras do CSIF conseguira, que nun futuro mediato por medio de unha análise de sangue, podamos coñecer e detectar, determinado tipo de tumores que se relacionan con unha proteína chamada Tirosina-Quinasa AXL.

Porque isto que estou a escribir, demóstranos a importancia da ciencia e das súas traballadoras, para facer que o mundo se desenvolva e camiñe cara a diante, na busca dun futuro, dunha vida máis doada de vivir, en moitos e diferentes aspectos. Máis é indubidábel que para que as investigacións cheguen a concretarse en tratamentos de diferente índole, en beneficio da saúde da cidadanía, ten que existir a figura despectivamente chamada do coello de indias. Cada vez máis a miúdo estase a demostrar, que a experimentación con animais non é fiábel 100x100, ademais de que en moitos casos demostran unha crueldade sen nome. Desde fai uns anos, estase a investigar de novo con supostos fármacos que nos animais non funcionaban para o que se conquería, mais en humanos estase a comprobar que si.

Na facultade de Psicoloxía da USC nos seus laboratorios xa non hai coballas para a investigación. Desde fai anos se usa un simulador informático co cal, quer o alumnado quer as investigadoras fan os seus traballos e aprendizaxes obtendo resultados igual de fiables que si fosen con animais de verdade.

Poren cabe sinalar que hoxe en dia non hai simuladores humanos e sigue sendo necesario comprobalas investigacións en persoas. Fai uns cantos anos na Francia, experimentouse con suxeitos esquizofrénicos agudos, o uso da cocaína para coñecer máis a fondo esta enfermidade. Estaban estes totalmente controlados, con unha paga cada mes da investigación, ademais de outros beneficios sociais. Na Gran Bretaña nas derradeiras fases da investigación con determinados medicamentos, os-as suxeitos que se ofrecen aos experimentos, xeralmente individuos sans e universitarios-as, ingresan en hospitais onde están de todo controlados e ademais de determinados beneficios sociais, poden chegar a cobrar 500 libras por día que dure a investigación. En definitiva é importante que todos-as estas valentes(quédome corto no cualificativo) recoñézaselles a súa heroicidade e a súa contribución en mellorar a vida das persoas, para que deste xeito, regúlese a súa grande e imprescindíbel labor, en facer que o mundo avance cara adiante.

“ A ciencia é a progresiva aproximación do home ao mundo real “(Max Planck).


Ciencia, ciencia e máis ciencia

Te puede interesar