Chulería

A prepotencia do señor Putín, apoiado na capacidade destrutiva do seu impresionante arsenal de armas, atómicas e das outras, permítelle amosar a chulería coa que parece ameazar a todo o mundo, sen reparar na posibilidade de converter a Terra nun deserto global. Esa posibilidade existe, malia que non resulte moi doado admitir a loucura de alguén que se atrevese a dar o primeiro paso, é dicir: ceibar a primeira bomba atómica ou outra de superior efecto que, seica haber, hainas, como as meigas. E a fío desta idea, xúrdeme a lembranza daquelas bombas de Hirosima e Nagasaki e o seu tremendo efecto devastador. Os medios informativos comentaron despois, o feito de que, o piloto responsable, ingresara nunha Orde Relixiosa, arrepiado e angustiado pola responsabilidade e o sentimento de culpa. E coido que alguén lle dedicara un poema, tentando consolalo, dicindo que coa súa acción dera por rematada a guerra, en sentido xeral. Mais non se tardou moito en comprobar que a guerra non tiña fin e que, por cada recuncho do mundo, ían xurdir guerras, propiciadas polos intereses económicos ou políticos, dos máis poderosos. Pois si.

Chulería

Te puede interesar