Charles Simic

Estes días de extrema calor, cando nin o aire abonda para poder respirar e hai que buscar acougo á sombra até que o sol pase de nós. Claro, a non ser que sexa vostede unha desas persoas que tostadiños son máis felices. En calquera caso, o asunto é buscar refuxio, máis se un ten a sorte de dispoñer diso que chamamos “vacacións”. Pero, o refuxio ten que ser algo máis que un lugar físico, é dicir, un sitio espiritual onde o devagar do tempo teña resposta.

 

Á espera das últimas horas da tarde - cando se aproveita algunha terraza buscando a conversa dos amigos - sabendo que un non é nada orixinal, busca abeiradoiro na recente achega, na tradución ao portugués de Charles Simic (premio Pulitzer de poesía), que vén facer José Alberto Oliveira para Assírio & Alvim do libro do primeiro: “Previsao do tempo para utopia e arredores” e como ben saben: “Nao reparei/ enquanto aqui escrevia/ que nada resta do mundo...”.

Charles Simic

Te puede interesar