Camiñamos cara ao caos total

A pesar do que está a dicir a comunidade científica, a sociedade segue envolta, na mesma dinámica das últimas décadas. Os fenómenos meteorolóxicos extremos, seguen en aumento, producindo un desastre económico- social, xamais visto para moitos países. As inundacións, os incendios xunto coas vagas de calor, están a levar a morte e a destrución, ademais de estar fora de control, a maior parte dos países da Terra. 


Seguimos a queimar petróleo, gas e carbón, como se nada pasase. E mentres uns pagan as consecuencias da queima dos combustibles fósiles, o poder económico énchese ata arriba de inmensos lucros, co visto bo da maioría dos políticos do mundo. Fai uns días coñecíase, que as autoridades xudiciais dos EUA determinaban, que o xigante dos combustíbeis fósiles Exxon, por medio do seu director executivo, o cal, foi secretario de estado con Donald Trump, falo do todopoderoso Rex Tillerson, este suxeito confabuló a nivel mundial, para menoscabar e minusvalorar, os informes científicos sobre o cambio climático, os cales, relacionan de xeito categórico, o quecemento do planeta e outras catástrofes, coa queima de petróleo gas e carbón. 


E non o fixo gratuitamente, senón que o fixo, para que Exxon seguise a ter lucros desorbitados, sen importarlle a traxedia que está a supor esta crise medioambiental, xa a día de hoxe, em moitos países e comunidades do planeta.


Un informe recente da ONU dictamina que a metade da poboación mundial xa vive en zonas de risco medio ambiental, ademais de ter case 20 veces máis de posibilidades de morrer, polas consecuencias do cambio climático. Ademais este estudo avala, co 70% das mortes producidas pola alteración do clima déronse, nos 45 países menos desenvolvidos do planeta, os cales son, os que menos culpa teñen desta crise dos ecosistemas terrestres.


E mentres tanto, os políticos a seguir perpetuando un sistema económico inxusto, avarento e nada sostíbel, o cal con certeza, vai ter seu punto final. Mentres a ciencia avisa, que se nom conseguimos que as temperaturas para o 2050, non suban por enriba do 1.5ºC, o desastre vai ser maiúsculo. As científicas do panel intergubernamental da ONU afirman, que a diferencia entre 1.5ºC e os 2ºC vai ser : Ter veráns sen xeo no Ártico, que os polinizadores perdan a maior parte dos seus habitats ou que, case o 100 x 100 dos arrecifes de coral sucumban ante os problemas dos oceános, por mor da inxente cantidade de CO2 na atmosfera, entre outras traxedias.

 

En conclusión, teñamos todas claro, que o problema medioambiental que xa estamos a empezar a ter, o cal vai ir aumentando cos anos, non é ningunha broma e que nós, aínda que as solucións vitais, son globais e as teñen que dar os de arriba, nós repito, podemos fazer moito, como reducir os nosos desprazamentos en carro privado, modificar a nosa dieta, reducir na casa a produción de lixo etc.

 

“La era del calentamiento global ha terminado; ha llegado la era de la ebullición global” Antonio Gutierrez (Secretario ONU)

Camiñamos cara ao caos total

Te puede interesar