Caldo de nabizas

O que realmente é construír un país non se fai coas “grandes xestas” de algún suposto prócer da nación, senón coas cousas do comer. Idear unha receita, que despois se transforma nun prato feito cos produtos alimenticios que a túa terra dáche, isto é facer patria. Mesmo, porque soen estar vinculados ás primeiras memorias íntimas que nos conecta co lar.  Así, aos galegos defínenos o caldo con nabizas, e se de pouco sabemos é precisamente disto e somos esixentes comedores de caldo. Este xantar é un alter ego de nós. Un símbolo nacional tan importante como a bandeira. Desta, cando vas comer preto do teu fogar, esperas que esta obra magna sexa feita con moito agarimo, cos mellores produtos locais e co tempo atemporal que require. Servir un caldo cos cañotos cortadiños todos á mesma medida e cunhas fabas de bote, vertidas con ese líquido que as acompaña, é moito máis que unha mala praxe. É non saber en que país vives, porque nin os aforros nos custes poden agachar semellante desatino. Case un delito contra o país. Non haberá anotación no Google para este incidente vergoñento. Pero, a decisión está tomada: non volver a ese establecemento que atenta contra o caldo galego.

Caldo de nabizas

Te puede interesar