lll

Recibe cada mañana las últimas noticias. REGISTRARME

Recibe las noticias desde Telegram. ÚNETE

Calamidades

Estamos a sufrir nestes intres, neste mundiño de nós tres calamidades que nos teñen ben acougados. O máis grave é que non se lles ve un final próximo. O Coronavirus, a maldición que non cesa, é a máis espallada de todas polo mundo enteiro, provocando millóns de infeccións e mortes sen conto en tódolos países sen que ata de agora exista un antídoto efectivo. Esto que estou a dicir é soamente a miña opinión, sen que teña datos ou referencias firmes para demostralo pero así o penso a así o digo. Eu sospeito, dende o principio, alá polo 2019, que esta pandemia foi, e segue sendo provocada pola man do home. Así mo fai pensar o elevado número de olas con eses altibaixos entre elas no que se refire á cantidade de mortos e contaxios. Pregúntome asemade canto hai de intereses económicos na súa propagación e permanencia.


A segunda e non menos tráxica, é a sin razón da guerra de Ucraína que xa leva costado en cinco meses, miles de vítimas inocentes e millóns de perdas materiais con centos de cidades arrasadas pola barbarie, e vidas desfeitas, en ámbolos dous bandos en liza. Os dirixentes da URSS, de Ucraína e mesmo da OTAN, principais protagonistas do conflito están, polo que se ve máis pola guerra que pola paz. Non pensan uns e outros que están poñendo en grave perigo a estabilidade no mundo coa ameaza certa dunha terceira guerra mundial, con unhas consecuencias que é mellor non imaxinar. O principal culpable semella ser Putin, presidente ruso responsable da invasión de Ucraína vai xa para cinco meses. Ao meu xuízo, o presidente ucraíno, Zelenski ten tamén unha gran responsabilidade, aferrándose en manter unha guerra contra vento e marea cos resultados que estamos a ver tódolos días. Púñanse de acordo uns e outros cunha meta ben clara e irrenunciable que é a paz da que, ata de agora, falase máis ben pouco.


Por se foran pouco as dúas desgrazas anteriores, temos agora no noso país e espallándose por toda Europa, unha gran vaga de incendios provocados disque polas altas temperaturas, consecuencia do cambio climático. Algúns están claramente provocados pola man do home, na procura de non sei que espurios intereses. O que si está moi claro é que hai unha causa común que é a falta de prevención, facendo da maleza en bosques e montes verdadeiras bombas de reloxería no que á existencia e extensión do lume se refire. Miles de hectáreas queimadas, casas, vidas e facendas arruinadas son as consecuencias destes grandes lumes, sen control gran parte deles.


Hai moitas máis desgrazas no mundo que estamos a vivir, unhas de sobra coñecidas por ser tan antigas como o home, lease a fame e a miseria, e outras que se ven vir como consecuencia dun xeito de vida equivocado, e mesmo da ambición dos homes. A solución está na educación a tódolos niveis, empezando pola escola, loitando por un mundo máis seguro sen guerras e sen fames, predicando, fomentando a irmandade sen conto entre os homes e as nacións. Faise necesario outro orden mundial onde os cartos, principal punto de discordia, se invistan en acadar a felicidade dos homes. Estou convencido de que cos que se levan malgastado na guerra, dedicados a investigación, xa se houbera erradicado a do covid.


Non estou de acordo coa frase mal atribuída a Julio Cesar. “Si vis pacem, para bellum”, porque como xa dixen outrora as armas as carga o demo. Aínda estamos a tempo de cambiar un rumbo que nos está levando a un desastre mundial. Fagámolo xa polos nosos descendentes que, de seguir por este camiño, algún dia renegarán de nos, e terán razón.


Resumindo. Contra o Covid 19: Investigación. Contra a guerra: Sentido común. Contra os incendios: Prevención e medios. Contra a fame no mundo: Solidariedade cos 800.000 seres que están a pasar necesidades. Con estas directrices, as nacións, deberán dedicar parte do seu potencial en programar solucións a este estado de cousas. 

Calamidades

Te puede interesar