Barbaridades

Volvendo ao caso do presidente ruso, non parece moi atinado botarlle a el toda a culpa das barbaridades que se están a cometer na guerra contra Ucraína, pois é conveniente lembrar que, detrás de cada un deses elementos nefastos, sempre hai un feixe de individuos malvados, fabricantes de armas e, mesmo organizacións, relixiosas, ou de calquera outra índole que aproveitan sen escrúpulos as circunstancias, para tirar proveito. Sería moi longa a relación a través da Historia, de casos como ese, nos que un descerebrado máis ou menos sanguinario, serviu de “cabeza de turco” dos espantosos crimes cometidos. E non é necesario irmos tan atrás no tempo, nin no espazo, para atopar algúns exemplos. Por iso, coido que “As Nacións Unidas” terían que reconsiderar o tema da non proliferación das armas nucleares, pois se cadra, sería mellor que se puideran mercar esas bombas como nun supermercado, para que todos os países tivesen algunha. Se cadra, deste xeito acabábanse os chulos prepotentes  e as ameazas destrutivas. Perdoen. Xa sei que isto é unha barbaridade, pero barbaridades estamos afeitos a soportar de xeito case cotián, ou non é? 

Barbaridades

Te puede interesar