Dinme que cada vez escribo menos sobre política local e teño que facerlles unhaconfesión: abúrreme. Non a política local, que se é da boa, está centrada en solucionar os problemas inmediatos e máis de preto da cidadanía, senón o xeito que os diversos “aparatos” dos grupos políticos a están a facer. Basicamente, na miña opinión, seguen ancorados nos anos noventa do século pasado.Iso lévaos a pensar que as grandes obras e os grandes titulares reflectidos na prensa son os que moven o voto cidadán.
O certo é que si, son esixencias cidadás, pero considerase amortizadas, máis se veñen con décadas de atraso e se as teñen que sufrir, directamente, por ser de longa duración. Seguen a pensar que, con falar nun pleno municipal, iso xa abonda. Cando –se teñen sorte– acabarán saíndo nunhas liñas no xornal do día seguinte, a carón da crónica dasesión. Mentres, estamos asistindo a un cambio substancial na conformación demográfica de Ferrol e problemas como a falta de vivenda asequible ou a suba dos impostos municipais están na orde do día. Igual deberan –os nosos políticos– buscar unhacomunicación directa coa cidadanía e falar diso, que na esquerda chamábase “o socialismo das pequenas cousas”.