Apuramos ou cómenos

Estudos feitos em varios países europeos e norteamericanos sinalan, que os morcegos están a sufrir unha diminución no seu número, por mor da instalacións de parques eólicos e solares, nos seus habitats. Ao mesmo tempo, a comunidade científica galega confirmaba, a chegada a toda Galiza do mosquito tigre, responsábel este, de enfermidades moi graves que afectan aos humanos. O medio ambiente está chegando a un punto de inflexión, que unha vez alcanzado, vai ser case imposíbel o retorno a unha suposta normalidade ecosistémica. É certo, que ha posibilidade de que esta desfeita, nom chege a limites nom retornábeis, máis ha que tomar medidas drásticas xa .
E unha delas pasa, por potenciar a economía local que é, a que xera riqueza, é a que xera benestar. Potenciar a economía das nosas cidades, dos nosos barrios, é fomentar o emprego neles, é fomentar o crecemento das nosas comunidades, é asegurar a vida das persoas coas que tomamos o café da maña, coas que charlamos no médico, coas que mercamos nas tendas. É dicir, é dar vida, a aquelas persoas coas que interactuamos todo-los días nas nosas comunidades. Ademais por cada euro gastado no teu barrio, as diferentes administracións gastan case catro euros de cartos públicos nese barrio, segundo diferentes estudos económicos. É dicir, mercar nos nosos barrios, axuda a dinamiza-los e que estes teñan dotacións públicas de calidade, como zonas verdes, rúas transitábeis para os peóns ect...
No referente ao medioambiente, fornecer a economía de barrio, asegura menos emisións de gases de efecto invernadoiro, menos envoltorios co cal, menos lixo, menos plástico, menos consumo de papel ou no caso da comida, un consumo moitíssimo menor de insumos tóxicos e menor cantidade de auga usada. É importante que a economía da cidade, baséese nos recursos naturais da propria contorna.
Ao principio deste artigo, falaba dos morcegos e do mosquito tigre, e non era casual. Porque igual que para combater o mosquito tigre e outros insectos, os cales co aumento das temperaturas chegaran a este hemisferio provinte do hemisferio sur, necesitamos os nosos morcegos necesitamos os nosos animais que se nutran destes e controlen a súa poboación, para batallar contra o cambio climático, para pelexar contra este Kaos ecosistémico da Terra, imos necesitar de priorizar a economía de proximidade, como fonte de recursos e materias primas, que unha vez consumidas, teñen que voltar a integrarse no medio natural, creando novas materia primas. Ademais as localidades deben ser as fornecedoras de subministración e servizos procedentes destas fontes naturais.
Remato o desenvolvemento debe ser sostíbel centrándose em crear emprego de calidade, protexendo o noso medioambiente e fornecendo de servizos públicos as nosas comunidades e isto faise, potenciando a economía de proximidade.
Este vai ser o único camiño posíbel, se queremos acabar con esta desfeita medioambiental, que como nom nos apuremos, acabara coméndonos a nosoutras tamén.

Apuramos ou cómenos

Te puede interesar