Unha actividade polo Día da Nai en Caldoval anima a achegarse ás bonecas romanas e a recrealas

Amais do obradoiro, nesta fin de semana pódese entrar por libre, reservar nas visitas guiadas ou facer o xogo de pistas
Unha actividade polo Día da Nai en Caldoval anima a achegarse ás bonecas romanas e a recrealas
Unha das múltiples actividades que propoón o Centro de Interpretación de Caldoval | DANIEL ALEXANDRE

O Centro de Interpretación de Caldoval, en Mugardos, realiza a súa proposta para o Día da Nai, o domingo 4, baixo o título “Pvpa”, aproveitando para lembrar o peche de hoxe, 1 de maio, no que o museo permanecerá pechado, con motivo do día festivo. 


Tanto mañá como o sábado 3 e o domingo 4, as instalacións abrirán no horario habitual de 10.30 a 14.00 e de 16.30 a 20.00 horas, coa posibilidade de entrar por libre, reservando praza nas visitas guiadas ou facendo o xogo de pistas.


A actividade do domingo, que se realizará en dúas quendas, ás 11.30 e ás 17.30 horas, consiste nun obradoiro de bonecas romanas como as que terían os pequenos da antigüidade para xogar. Os participantes coñecerán pezas arqueolóxicas destes obxectos e tamén doutros xoguetes da época, poidendo elaborar a súa propia figura.


O obradoiro terá unha duración aproximada de 45 minutos e diríxese ao público familiar con nenos a partir de oito anos. É preciso inscribirse a través das redes sociais, do correo info@museocaldoval.gal ou no teléfono 687 07 21 16. A entrada ao centro é sempre de balde, sexa para participar nun obradoiro ou en calquera outra modalidade. 

Unha actividade polo Día da Nai en Caldoval anima a achegarse ás bonecas romanas e a recrealas

Te puede interesar