O programa das festas de verán en Mugardos inclúe unha cita este mesmo xoves, a partir das 20.30 horas na praza do Concello, que está particularmente dirixida ao público familiar.
Nestes espectadores son especialistas os integrantes da veterana compañía teatral da comarca Ghazafelhos, que, desta volta, e coincidindo co seu 20 aniversario, representará a peza cómica “Historias para escagarriñarse”. En caso de choiva, a actuación trasladarase ao local de maiores.