Os Carecos presentan o seu primeiro disco “Foula” no Bar Queiro, en Mañón

A organización anima a levar ferramenta para a foliada que terá lugar ao remate
Os Carecos presentan o seu primeiro disco “Foula” no Bar Queiro, en Mañón
Integrantes da agrupación Os Carecos | CEDIDA

As Letras Galegas deste ano vencéllanse coa música, un feito que aproveitan no Bar Queiro, no concello de Mañón, para propoñer un concerto especial o propio sábado, ás 23.04 horas.

 

Os Carecos serán os protagonistas, un grupo caracterizado pola retranca e conexión co público, así como por interpretar os xéneros tradicionais. Estes pandereteiros da comarca de Ortegal presentarán o seu primeiro disco, “Foula”, nunha sesión que, coma sempre, terá limitación de aforo, polo que recomendan reservar as entradas no local ou no 651 657 383. Ao remate, haberá foliada libre e aberta.

Os Carecos presentan o seu primeiro disco “Foula” no Bar Queiro, en Mañón

Te puede interesar