lll

Recibe cada mañana las últimas noticias. REGISTRARME

Recibe las noticias desde Telegram. ÚNETE

A Xunta cambia a composición do Consello de Medio Ambiente tras as protestas sobre a eólica

A Xunta tramita un decreto polo que cambia a composición do Consello Galego de Medio Ambiente (Cogamads), tras a polémica cas asociacións ecoloxistas que anunciaron a súa intención de non seguir participando nas reunións mentres “non se debatan e voten” no pleno as propostas sobre a problemática eólica.


O posto da Vicepresidencia, que segundo a última modificación (2013) e tal e como figura no portal de transparencia da Xunta correspóndelle ao titular da Consellería de Medio Rural, pasará agora á Dirección Xeral de Calidade Ambiente, Sustentabilidade e Cambio Climático (actualmente Sagrario Pérez Castellanos).


Dáse a circunstancia de que este cargo, que depende na organigrama da Consellería de Medio Ambiente e, por tanto, é un posto nomeado polo seu titular, Ángeles Vázquez, é o encargado de substituír á Presidencia en caso de vacante, enfermidade ou “nos casos nos que declarase a súa abstención ou recusación”.


O pasado mes de xuño, os vogais de Adega, a Federación Ecoloxistas Galega (FEG) e a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), representantes ecoloxistas no Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible (Cogamads), comunicaron á Presidencia deste organismo consultivo a intención de non seguir participando nas reunións mentres “non se debatan e voten” no pleno as propostas sobre a problemática eólica.

 

Nunca se cumpren
Este plante aínda segue vixente, aínda que este órgano asesor non se volveu a convocar nos últimos meses, respecto do que as asociacións ecoloxistas aseguraron que “non se cumpren nunca” o mínimo de reunións anuais.


Tres meses despois do anuncio de non volver acudir, aínda que a polémica remóntase a principios deste ano 2022, 


Na reunión do Cogamads do pasado 26 de xaneiro, varios vogais solicitaron debater e someter a votación no pleno a necesidade dunha moratoria do actual plan sectorial eólico de Galicia, así como a derrogación das leis 5/2017 e 9/2021; á marxe da elaboración dun informe sobre o encaixe do actual modelo enerxético na sustentabilidade e a resiliencia do territorio galego.

 

Abandono precipitado
Entón, censuraron que a conselleira “eludiu tramitar” estas solicitudes, “abandonando precipitadamente” a reunión e mesmo “deixando sen tratar” o último punto da orde do día, “ante a sorpresa e protestas” dos representantes ecoloxistas.
Con todo, a titular de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, xustificou publicamente no seu día que estas cuestións non eran competencia deste organismo e, apelada no Parlamento de Galicia por esta cuestión, tamén respondeu que non eran obxecto de votación e por iso levantouse da reunión. 

A Xunta cambia a composición do Consello de Medio Ambiente tras as protestas sobre a eólica

Te puede interesar