Proxecto GAMA, deseñado para xerar impacto positivo

Proxecto GAMA, deseñado para xerar impacto positivo

O Proxecto GAMA nace para xerar impacto positivo e liderar, co Lyocell, a sustentabilidade do sector téxtil. 

 

É a primeira fábrica de Lyocell de España e segunda de Europa e tamén a primeira do mundo que integrará todo o ciclo produtivo do Lyocell, a creación da súa materia prima e o desenvolvemento da fibra téxtil.


Mínima pegada de carbono

O téxtil xera cerca do 10% da pegada de carbono, esta fibra é a chamada a xerar un mundo mellor, a substituír outras fibras altamente contaminantes, coma o poliéster.

Lyocell
Lyocell

A Ulloa, referente mundial en sustentabilidade no sector textil

O proxecto GAMA, desenvolvido por Greenfiber, constitúe unha iniciativa pioneira a nivel mundial para a produción de Lyocell, unha fibra téxtil 100% biodegradable elaborada a partir de madeira de eucalipto galega certificada que, na actualidade, se comercializa fóra de Galicia.

 

Que imos producir?

Dous produtos diferenciados.
1. Fibras solubles procedentes do eucalipto: son a materia prima para producir Lyocell

2. Lyocell: é a fibra téxtil que está en liña cos obxectivos da ONU en relación co cambio climático. En decembro de 2018 aprobouse en Polonia a Carta da Industria da Moda para a Acción Climática, que ten coma obxectivo para 2030 unha redución do 30% das emisións de gases de efecto invernadoiro, así como o compromiso de analizar e establecer unha vía de descarbonización para o sector. O Lyocell é unha consecuencia desta estratexia.


Vantaxes:

• 100% biodegradable e recuperable.
• Fabricación sen produtos tóxicos.
• Utiliza poucos recursos naturais.
• Minimiza a pegada de carbono


Como o imos facer?

Trátase dun proxecto deseñado para ser referencia mundial en sustentabilidade, en consecuencia, coherente coas directrices da UE. Está baseado na economía circular, no que todo se optimiza: auga, residuos e enerxía. Non utiliza enerxías fósiles.

 

Madeira certificada e de proximidade

A materia prima que se empregará é madeira de eucalipto certificada e de proximidade.

 

A certificación garante un proceso de explotación forestal máis eficiente e respectuoso co medio e, o que é máis importante, é coherente se o obxectivo é xerar impacto positivo en Galicia.

 

GAMA convértese así nun tractor para intentar que os montes deixen de estar a monte e pasen a ser bosques sostibles no tempo.

 

Galicia produce, cada ano, 6,8 millóns de metros cúbicos de madeira de eucalipto, corta 4,4 millons de metros cúbicos e exporta 2,5 millons. Greenfiber mercará unha parte da madeira que agora se exporta ou que non se corta. Esta demanda nova non implica nin máis bosques nin máis hectáreas de eucalipto.

Agua
 

Uso eficiente da auga

O proceso de GAMA non consome auga, usa auga e devólvea máis arriba no río, unha vez depurada, nun proceso circular que garante que o caudal do Ulla non se verá afectado.

 

O proceso de depuración de augas sitúase nos estándares mundiais mais altos e será superior ao que se emprega nas cidades máis sustentables. Por exemplo, a planta de tratamento en construción para dar servizo á cidade de Santiago de Compostela terá un custo de 58,9 millóns de euros, fronte aos 80 millóns que se investirán no tratamento da planta de última xera- ción de Greenfiber para un nivel de caudal inferior.


Máxima eficiencia enerxética

O seu innovador proceso produtivo xera toda a enerxía de orixe renovable que precisa. A produción da materia prima do Lyocell xera vapor de auga que será transformado en enerxía renovable e usado no resto do proceso produtivo.

 

Proxecto innovador baseado na economía circular

A esencia deste proceso é poñerse á cabeza do mundo no obxectivo de incorporar a sustentabilidade ao sector téxtil, por iso está baseado nunha das metas da Unión Europea: a circularidade. E esa é a principal razón pola que se desenvolve en Galicia:

• Contamos coa materia prima, a madeira, á que o proxecto aportará un valor engadido, ao procesala no territorio en lugar de vendela fóra da comunidade.

• A planta aspira a ser un referente mundial en sustentabilidade, un novo xeito de facer industria. Por iso integra os dous procesos necesarios para a produción do Lyocell, o aporte de enerxía do primeiro evita usar enerxías fósiles, coma o petróleo.

• Será un referente mundial pola súa mínima pegada de carbono, por iso intenta evitar que a súa materia prima chegue por barco. Pretende usar solo vehículos que teñan que percorrer distancias curtas.

• Existe unha potente industria téxtil en proximidade, que será a destinataria principal do Lyocell producido en GAMA, que terá sempre asegurada a súa cadea de subministro.

Empleo
 

Emprego estable de calidade

O proxecto GAMA leva aparellada unha importante creación de emprego, con capacidade de fixar na comarca poboación que busque estabilidade laboral e calidade de vida.

 

Preferentemente, buscarase persoal na comarca, e crearanse plans de formación para que os ocupados doutros sectores poidan traballar no proxecto:

• 500 empregos directos
• 2.000 empregos indirectos
• Máis de 4.000 empregos en períodos pico durante a construción da planta

 

Desenvolveranse plans de formación específicos e convenios de colaboración con centros de Formación Profesional para asegurar emprego de calidade aos mais novos.

 

Non creas todo o que che din!

Nas últimas semanas véñense publicando distintas informacións incorrectas en torno ao proxecto GAMA que non teñen base. Resolvemos aquí algunhas delas, pero podedes atopar máis información na páxina web de Greenfiber ou enviar un correo electrónico se aínda tendes algunha dúbida.

 

“Vai emitir tanto nitróxeno e, en consecuencia, contaminar tanto coma 28.000 porcos”

O elemento que pode resultar prexudicial non é o nitróxeno (N), senón un composto derivado deste, que é o amonio (NH4). O caso é que o 70% do nitróxeno que se pode atopar no xurro do gando porcino convértese en amonio, o que só sucede co 4% do nitróxeno que emitirá a fábrica, polo que non son comparables eses dous produtos. Se quixésemos falar de porcos, poderíase dicir que a planta de GAMA equivalería a unha granxa de 750 cabezas de porcino.

 

“As vacas deixarán de dar leite”

A auga que se empregará no proceso de produción será devolta ao río unha vez depurada, o que garante que non variará en absoluto o estado actual do Ulla e, por conseguinte, non afectará de ningunha maneira á saúde das persoas nin dos animais.
Nas inmediacións da fábrica que o grupo Altri ten en Vila Velha de Ródão (Biotek) existen explotacións agrarias e gandeiras, así como fábricas de queixos, que nunca se viron afectadas pola actividade da planta. Se algún gandeiro ou agricultor quere visitala e comprobalo por si mesmo, estamos á súa disposición.

 

“Consumirá tanta auga como a provincia de Lugo”

GAMA non consumirá auga, usará auga, que non e o mesmo, e a devol- verá ao río unha vez depurada. E farao augas arriba do punto de captación, nun proceso circular. Todo isto garante que non se afectará o caudal do río, porque se devolvera o mesmo que se capte.

 

“Deixará a Ría de Arousa sen bancos marisqueiros”

Na medida en que a auga usada no proceso será devolta ao río unha vez depurada, sen producir cambios no seu estado nin no seu caudal, tampouco implicará afectación de ningún tipo para a Ría de Arousa, nin para os seus bancos marisqueiros.

 

“Só creará 200 empregos pola capacidade de tratamento das augas residuais”

Tal e como recolle o proxecto desde o inicio, a fábrica dará emprego directo en torno a 500 persoas, que traballarán en tres quendas, ademais de contar cos preceptivos períodos de vacacións. E, como non podía ser doutro xeito, o proxecto contempla tanto o número de sanitarios como a capacidade de tratamento de augas residuais necesarios para dar servizo a ese volume de traballadores.

 

“Será máis grande que a cidade de Santiago”

A cidade de Santiago ten unha superficie de 220 km2, ou, o que é o mesmo, 22.000 hectáreas. A planta que Greenfiber proxectada en Palas de Rei ocupará 112 hectáreas, que estarán situadas nunha parcela de 365 hectáreas, na que tamén se plantará un cinto verde de especies autóctonas (610.000 metros cadrados) e o resto (192 hectáreas) permanecerá no seu estado actual.

 

“Traerá aparellada unha maior eucaliptización de Galicia”

Tal e como demostran os estudos realizados, a implantación de GAMA non suporá o incremento da superficie de plantacións de eucalipto en Galicia. A normativa en Galicia impide a plantación de nova superficie con eucalipto, os procesos de certificación e explotación forestal científica incrementarán a produtividade da superficie xa cultivada, podendo chegarse a producir incluso unha redución de superficie cultivada con eucalipto.

FOTO MANIPULADA (FALSA)
FOTO MANIPULADA (FALSA)
Foto SIN manipular (REAL)
Foto SIN manipular (REAL)

Se é tan evidente que o proceso constitúe unha “Bomba Medioambiental”, por que teñen que falsificar imaxes para descualificalo?


Queres máis información? En www.greenfiber.es tes todos os datos. 

 

Proxecto GAMA, deseñado para xerar impacto positivo

Te puede interesar