Así soa "Terra", a proposta de Tanxugueiras para intentar chegar a Eurovisión

Así soa "Terra", a proposta de Tanxugueiras para intentar chegar a Eurovisión

O grupo Tanxugueiras, integrado por Aida Tarrío, Olaia Maneiro e Sabela Maneiro, estreou o tema "Terra", co que participarán no Benidorm Fest, a preselección para elixir a representante española no próximo Festival de Eurovisión.


En galego, coa pandeireta como protagonista e arraigada na tradición, "Terra" fai tamén unha chiscadela a outras linguas oficiais como o catalán, o asturianu, o euskera ou o castelán, incluíndo a frase "non hai fronteiras" tamén nestas linguas.


Xunto ao trío de Teo (A Coruña), entre os finalistas figuran Azúcar Moreno, Blanca Paloma, Chanel, Gonzalo Hermida, Javiera Mena, Luna Ki, Marta Sango, Rayden, Rigoberta Bandini, Sara Deop, Unique, Varry Brava e Xeinncuxas cancións RTVE tamén se estreou hoxe.


Tanxugueiras - TERRA (Lyric Video Oficial)




Así soa "Terra", a proposta de Tanxugueiras para intentar chegar a Eurovisión

Te puede interesar