O Jazz de Ría publica as datas da súa novena edición, de novo en catro concellos da costa Ártabra

Como de costume, todas as actividades serán abertas, gratuítas e accesíbeis
O Jazz de Ría publica as datas da súa novena edición, de novo en catro concellos da costa Ártabra
Le Barluthier actuando no parque dos Patos de Cedeira | PIXELINPHOTO

A organización do Jazz de Ría, que anunciará en breve as primeiras confirmacións do cartel da súa novena edición, vén de publicar as datas e localizacións nas que terá lugar este ano. Nesta ocasión, os escenarios volverán ser os concellos de Narón, Neda, Valdoviño e Cedeira, que acollerán as propostas musicais máis sorprendentes do xénero dende o venres 15 ao martes 19 de agosto.


Os escenarios, coma sempre nestes case dez anos de traxectoria, terán lugar en distintos enclaves patrimoniais e paisaxísticos da costa Ártabra, nos que amais de descubrir ao público proxectos innovadores tanto de ámbito autonómico como estatal, proporánse diversas actividades para convidar a conectar co territorio dedistintos xeitos. A participación da veciñanza e a recuperación da memoria volverán ser claves nesta edición na que, como de costume, todas as actividades serán abertas, gratuítas e accesíbeis.


Do mesmo xeito, dende a organización comunican que o festival continúa comprometido co obxectivo de converter as comarcas da Costa Ártabra nun territorio de referencia dentro do mapa dos festivais de jazz, cunha proposta singular na que se funden música e identidade, desde os principios da sostibilidade e a responsabilidade coa contorna natural e social. 

O Jazz de Ría publica as datas da súa novena edición, de novo en catro concellos da costa Ártabra

Te puede interesar