O UDC Explorer levou máis dunha trintena de persoas polo Camiño Inglés

Este percorrido realizouse pola segunda etapa da ruta xacobea
O UDC Explorer levou máis dunha trintena de persoas polo Camiño Inglés
Esta iniciativa de divulgación científica foi impulsada polos profesores Ana Ares, Armando Yáñez e Ginés Nicolás | CEDIDA

A travesía realizada por máis de 30 persoas o pasado domingo, no marco do Programa de Emprendemento UDC Explorer, liderado polo Servizo de Emprego da Universidade da Coruña e do Programa Camiño ConCiencia, consistiu en arredor de 13 km, da segunda etapa do Camiño Inglés

 

O punto de encontro foi o albergue de peregrinos de Neda, posto que o percorrido transita entre este concello e o de Pontedeume. Ao longo da xornada, os participantes comezaron por recoller as súas credenciais, para despois visitar a Escola Laica e a Praia da Magdalena da localidade de Cabanas. Outro dos puntos fortes foi unha visita guiada polo casco histórico eumés.

O UDC Explorer levou máis dunha trintena de persoas polo Camiño Inglés

Te puede interesar