Un total de 18 persoas da Área Sanitaria faleceron a causa do coronavirus no que vai de ano

Un total de 18 persoas da Área Sanitaria faleceron a causa do coronavirus no que vai de ano
As probas para detectar o coronavirus seguen dispoñibles | aec

A emerxencia sanitaria mundial pola pandemia de coronavirus foi desactivada pola Organización Mundial da Saúde a principios do mes de maio. Desde a Consellería de Sanidade deixouse de enviar o parte diario pero as cifras seguen a actualizarse na páxina web (https://coronavirus.sergas.es/datos). De aí continúanse sacando cifras que falan de ocupación hospitalaria –mínima– ou de falecementos, que se seguen a producir aínda que esporadicamente. 


No que vai de 2023 faleceron 18 personas na Área Sanitaria de Ferrol cunha diagnose de coronavirus. No mes de xaneiro foron catro, febreiro quedou en branco, morreron sete pacientes en marzo, dous en abril, catro en maio e, no que levamos de xuño, faleceu unha persoa.


A esta mesma altura, o ano pasado, os decesos que se atribuían ao coronavirus eran 77, mentres que en 2021 chegouse a 127 nos primeiros seis meses do ano e en 2020, cando comezou a crise sanitaria –contando a partir de marzo– foron 33. 


O contraste con outros momentos en que o virus foi letal e desbordou a sanidade é que, nas cifras de finais de semana, había menos de medio cento de persoas co virus activo segundo a web do Sergas e catro persoas hospitalizadas que deran positivo ao facerlles as probas. 


Doutra banda, cabe precisar que Sanidade ven de decretar que o cubrebocas xa non será obrigatorio nin en farmacias nin hospitais ou centros  médicos. 

Un total de 18 persoas da Área Sanitaria faleceron a causa do coronavirus no que vai de ano

Te puede interesar