Sés presenta no Jofre o seu novo disco “Rabia ao silencio”

Sés presenta no Jofre o seu novo disco “Rabia ao silencio”
Diario de Ferrol-9999-99-99-999-ca36df26

Un traballo acústico, máis íntimo e directo para traer á Galicia do século XXI xoias musicais que na pasada centuria chegaron de Ultramar (Cuba, Arxentina, Brasil...) mais tamén da Península Ibérica na voz de Carlos Puebla, Zeca Afonso ou Fuxan os Ventos, entre outros.

Así é o último traballo da cantora galega Sés, “Rabia ao silencio”, que esta tarde –19.00 horas– soará no emblemático Teatro Jofre. Sobre o escenario interpretará os temas que dan vida a este novo proxecto, unha escolma de cancións populares, folclóricas ou de autor adaptadas pola autora.
Escolleu cancións cunha historia detrás (as ditaduras uruguaia e arxentina en letras de Benedetti ou Atahualpa Yupanki; a emigración galega vista por Fuxan os Ventos; ou a revolución cubana, entre outras).

Homenaxe
Segundo as súas propias palabras, este disco é “unha débeda contraída con quen me ensinou a pensar musicando e narrando a verdadeira historia e non a dos vencedores. Máis que como un traballo propio, está concibido como unha homenaxe a persoas que nos legaron grandes valores; ademais nun momento sociopoliticamente miserábel e artísticamente pobre. Agora que se confunde a profesionalidade musical coa indiferencia, o individualismo e a covardía, ‘Rabia ao silencio’ era unha obriga para min”, comenta.

O prezo das entradas para o concerto desta tarde no teatro ferrolán é de 12 euros.

Sés presenta no Jofre o seu novo disco “Rabia ao silencio”

Te puede interesar