O portal de contratos públicos de Galicia sacou esta semana a licitación, por 345.671 euros, a actuación de reforma da zona de espera do hospital de día oncolóxico no Hospital Naval de Ferrol.
A remodelación responde á necesidade de dar unha correcta cobertura sanitaria á poboación da área e dotar, tal e como explican desde o Sergas, “ao centro hospitalario dunhas condicións que permitan que os tempos de estancia dos pacientes poidan transcorrer nun entorno máis cómodo”.
Deste xeito, o proxecto básico de execución da obra contempla levar a cabo unha actuación en diversos espazos da zona de oncoloxía, tales como a sala de espera do hospital de día ou os corredores de acceso que serven tamén como sala de espera ao hospital oncohematolóxico, entre outras intervencións.
Ademáis destes ámbitos, tamén se inclúe no proxecto a ostomización dun dos baños do hospital oncohematolóxico.
Dacordo co prego de condicións establecido, as empresas interesadas en participar neste procedemento de contratación teñen ata o 28 de xullo para enviar as súas ofertas.
O prazo estimado para a realización das obras de acondicionamento é de catro meses.