A asociación veciñal de Canido, en colaboración co Concello de Ferrol, propón este sábado o obradoiro “Prantas de barrio para a pel. Obtención de extractos”, a cargo de Celta Natural. O punto de encontro será o centro cívico de Canido, ás 16.30, aínda que os participantes sairán a aprender a recoñecer as especies que habitan na contorna.
O principal obxectivo da iniciativa, que vén da man da responsable do proxecto Lorena Martínez, técnica en cosmética natural e fitocosmética, é comprobar como as plantas do barrio poden axudar a manter o pelo e a pel saudable.
Ademais, os asistentes á formación, que poden obter máis información e reservar a súa praza no 610 627 556, aprenderán a extraer de maneira sinxela os ingredientes activos de cada unha das especies. Como método de fixar contidos, aparte de levar para a casa as creacións propias, os participantes tamén conseguirán un caderno de traballo para que cada un leve a cabo o proceso de forma autónoma no futuro.