Reflexión sobre o presente e pasado do “labirinto europeo” no Gurméndez

Reflexión sobre o presente e pasado do “labirinto europeo” no Gurméndez
Campus de Ferrol Presentación do 22 Curso de Penamento e Comunicaión Carlso Gurméndez

Analizar e reflexionar sobre a “complexidade do feito europeo”, desde un enfoque comunicativo e humanístico e desde a perspectiva do presente mais tamén do pasado será o obxectivo dunha nova edición do Curso de Pensamento Carlos Gurméndez organizado polo Club de Prensa de Ferrol coa colaboración da Universidade da Coruña e que este ano leva por título “Labirinto Europeo”.


A iniciativa, que lembra a figura do devandito escritor e filósofo, desenvolverase a vindeira semana, entre o mércores e o venres, no salón de actos do Campus de Esteiro, escenario da cita desde o ano 2012 –anteriormente celebrábase en Pontedeume, vila á que o autor estaba moi vinculado–.
Por alí pasarán preto dunha ducia de convidados dispostos a “arrojar cierta luz sobre un hecho que nos interpela y que nos convoca, un presente y un pasado del laberinto europeo”, comentaba onte o director do curso e profesor da UDC, Alberto Sucasas.


Temas de gran actualidade que teñen que ver con este marco común como poden ser os desafíos da nova lexislatura da Unión Europea, a cuestión da inmigración ou a postura institucional da mesma ante o desafío do envellecemento da poboación convivirán no programa con aspectos de carácter histórico como pode ser o percorrido pola historia da comunidade europea, os factores que teñen intervido na configuración da identidade europea ou o cine como expresión das inquedanzas e problemáticas do territorio comunitario.

O programa será inaugurado o mércores ás 11.45 horas por Enrique Barón Crespo, expresidente do Parlamento Europeo e Presidente da Unión de Europeístas e Federalistas de España. Seguiralle pola tarde, ás 16.30 horas, Artak Mkrtichyan, secretario académico do Instituto Universitario de Estudios Europeos Salvador de Madariaga, para continuar ás 18.15 horas coa intervención do catedrático de Comunicación Audiovisual José Luis Castro de Paz. O xoves será a quenda para Cristina Couto, xefa de Equipo de “Europe Direct” da Coruña; Alberto Sucasas, profesor da UDC; María Martín Delgado, xornalista de El País; e Carmen Fernández, catedrática de Historia Contemporánea xubilada da UDC.
A docente de Filosofía da Rey Juan Carlos de Madrid, Delia Manzanero; o representante da Fundación Galicia-Europa, José Manuel Blanco, o doutor en Ciencias Políticas, Martín Alonso; e o catedrático de Metafísica da Universidade de Sevilla, Manuel Barrios, pecharán a nómina de conferenciantes.
Un cartel que permitirá á actividade continuar sendo un referente na comunidade galega “pola categoría e enxundia” dos poñentes, tal e como salientou o representante do Club de Prensa de Ferrol, Xoán Rubia.

No acto de presentación do programa, celebrado onte no Campus de Esteiro, interviu tamén a vicerreitora, Araceli Torres, que amosou a súa satisfacción pola celebración no espazo universitario dun curso “de gran interese non só polos temas senón tamén polos poñentes”. Enlaza ademais esta proposta, añadiu, cun dos obxectivos da UDC, que pasa por abrise á sociedade e á colaboración con outras institucións.

Reflexión sobre o presente e pasado do “labirinto europeo” no Gurméndez

Te puede interesar