Preto de vinte bodegas secundarán o I Feirón do Viño de Pontedeume

Preto de vinte bodegas secundarán o I Feirón do Viño de Pontedeume
Pontedeume Inauguración Feira Primavera no Camiño

A necesidade de recadar fondos para a celebración dos grandes festexos de setembro levou á comisión de festas das Peras de Pontedeume a pensar nalgún tipo de evento antes desa data. Tendo en conta que só no casco histórico da vila hai máis de 72 bares e a boa acollida que tanto o Albariño como o Rioxa teñen no pobo, salientan desde a comisión, esta  apostou pola organización do I Feirón do Viño.

A cita terá lugar este mesmo sábado e contará coa implicación dun total de 18 bodegas nas que se poderá degustar diferentes caldos, desde os xa mencionados ata o Mencía, Ribeiro e outros. Pero non só a bebida formará parte do evento. Música e gastronomía estarán tamén presentes nun programa que de once a doce da mañá estará dedicado aos hostaleiros cunha cata gratuita entre os locais eumeses.

Ás doce abriranse ás portas para o público en xeral coa presentación das adegas participantes así como unha exhibición de corte de xamón ibérico da man de Luis Roca (con máis de 50 anos de experiencia) e coa presenza tamén dos queixos de Campo Capela e Queixerías do Eume.

Ás 13.00 horas será a quenda para a sesión vermú con Suso y Estrella, que volverá a actuar ás seis da tarde.

As Peras
Actuacións de música tradicional e exaltación de produtos da gastronomía galega terán tamén o seu espazo nun evento con sorteos de botellas de viño –cada hora– e dunha estancia para dúas persoas a pensión completa na Manga do Mar Menor por cortesía do Hotel Sarga. 

O Clube Moteros Herculinos visitará tamén o feirón. As festas das Peras contarán este ano cun día máis de programación, ao adiantar a comisión ao día 6 de setembro (venres) o comezo da cita. 

Será o grupo Treixadura o encargado de dar o pistoletazo de saída a unha cita que incluirá tamén no cartel a actuación do grupo Efecto Mariposa, entre outras moitas propostas.

Preto de vinte bodegas secundarán o I Feirón do Viño de Pontedeume

Te puede interesar