Lunes 18.02.2019

Os participantes no obradoiro de verán se Sementeira pecharon o curso cunha actuación

Os 14 alumnos que nas dúas últimas semanas tomaron parte na quinta edición do Obradoiro de Verán da Asociación Cultural Musical Sementeira de Narón pecharon onte a actividade cunha actuación no Auditorio municipa

Un momento da actuación celebrada onte no Auditorio municipal	d.a.
Un momento da actuación celebrada onte no Auditorio municipal d.a.

Os 14 alumnos que nas dúas últimas semanas tomaron parte na quinta edición do Obradoiro de Verán da Asociación Cultural Musical Sementeira de Narón pecharon onte a actividade cunha actuación no Auditorio municipal.
Nenos de entre 4 e 16 anos amosaron así o aprendido durante unha actividade formativa desenvolvida arredor da temática de “O entroido dos animais”, baseándose a parte musical en pezas da obra orixinal “Le Carnaval des Animaux”, de Camille Saint-Saëns, e combinándoa con bailes e contos de autores galegos contemporáneos.
Foi o propio alumnado, coa axuda dos seus profesores, o encargado de acondicionar o escenario e de preparar tanto a actuación como o vestiario que luciron onte.
Cinco instrumentistas voluntarios da Xove Banda de Narón encargáronse da parte musical, centrándose os alumnos do curso nun amplo repertorio de cancións e sesións de baile nos que estiveron a traballar nas últimas dúas semanas.

deseño
Os monitores das clases fixéronse cargo do deseño do espectáculo e tamén da adaptación musical da peza a quinteto de vento, tal e como explicou o presidente da Asocación Cultural Musical Sementeira.
A devandita entidade mantén un convenio de colaboración co Padroado de Cultura de Narón para a realización de diferentes actividades e actuacións ao longo do ano.

Comentarios