Obradoiro de teatro e exposición de Lara Lars para abrir “Fóra do Mapa”

Obradoiro de teatro e exposición de Lara Lars para abrir “Fóra do Mapa”
Centro Cultural Torrente Ballester. Inauguración exposición de Lara Lars, enmarca en el programa del Festival de artes escénicas Fora do Mapa.

A maquinaria de “Fóra do mapa” xa está en marcha. O cuarto festival de artes escénicas da cidade ferrolá, coordinado por Cristina Moreira, deu onte o pistoletazo de saída ás actividades co inicio dun obradoiro de teatro e a inauguración dunha exposición. A primeira das propostas está dirixida pola bailarina, coreógrafa e actriz Claudia Faci. Ás súas ordes estarán ata o vindeiro domingo os dez inscritos nunha acción que culminará o domingo cunha exhibición do aprendido. A actividade comezou onte nas instalacións do centro cultural Torrente Ballester, aínda que está previsto que algunhas das sesións teñan lugar no interior dun edificio de Ucha en proceso de rehabilitación. 

Tamén onte quedou inaugurada no devandito espazo cultural a exposición da arquitecta e artista plástica Lara Lars, unha galega afincada en Madrid que comezou a crear os seus singulares “collages” case como unha afección e que tiveron unha gran acollida polo público. A súa obra está protagonizada por mulleres e cunha clara perspectiva feminista. Poderá ser visitada durante toda a semana.

Hoxe
A cita prevista para hoxe dentro do programa terá como protagonista a unha bailarina e actriz ferrolá residente na actualidade en Nova York. Trátase de Ada Fernández, que ás 21.00 horas levará a súa montaxe de danza teatro “Mujer frente al espejo” ao Torrente Ballester. A peza adéntrase na sensorialidade e intimidade dunha muller.

Os espectáculos sucederanse ao longo de toda a semana e o programa detallado pode ser consultado na web do festival.

Todas as obras son gratuítas. É preciso reservar as entradas, agás no caso do roteiro de Pistacatro previsto para o domingo e para a “performance” na rúa. As entradas para os espectáculos do Jofre e do Torrente retiraranse na billeteira.

Obradoiro de teatro e exposición de Lara Lars para abrir “Fóra do Mapa”

Te puede interesar