Miguel R. Luaces | “O novo título ten moita maior carga docente en aspectos de tecnoloxías da Información”

Miguel R. Luaces | “O novo título ten moita maior carga docente en aspectos de tecnoloxías da Información”
Facultad de Humanidades Foto del profesor Miguel Ángel Rodríguez coordinador de un nuevo grado que se va a implantar en el campus

Obter formación polivalente para a xestión da información, adquirir métodos e modelos na organización do coñecemento no eido dixital e integrar o estudo do comportamento informacional e a súa relación coas novas tecnoloxías. Estes son algúns dos principais obxectivos do Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación, o novo título que a Facultade de Humanidades do campus de Ferrol implatará o vindeiro curso en substitución do actual Grao en Información e Documentación. O profesor Miguel Rodríguez Luaces é o coordinador dun  programa que xurde “do proceso lóxico de adaptación á sociedade” e co que se agarda incrementar o número de alumnado. Oferta un total de 45 prazas e ofrece a posibilidade de especializarse en dous itinerarios diferentes: Biblioteconomía e Arquivística ou Información para a Ciencia e a Tecnoloxía.

¿Que novidades introduce este novo título?

O que fixemos cando preparamos este novo título foi ter en conta que a sociedade mudou e que o dixital está entrando en todos os aspectos da sociedade. O novo título ten moita maior carga docente en aspectos de Tecnoloxías da Información, non só porque introduce novas asignaturas relacionadas con este ámbito, senón tamén porque as materias tradicionais de información e documentación teñen tamén máis carga deste tipo de tecnoloxías.

Que perfil profesional se quere potenciar con este grao?

Non queremos perder de vista que temos que formar a xente preparada para unha profesión que é a de información e documentación, como a de bibliotecarios, arquivistas, responsables de centros de documentación... pero tamén queremos que novas profesións poidan ser desempeñadas por estes profesionais. Queremos formar persoas capaces de traballar coas novas tecnoloxías en big data e xestión de datos; así como en empresas que agora xestionan esta información de xeito electrónico.

Será un título máis práctico que o actual?

Información e Documentación xa era moi práctico, con asignaturas con moita carga práctica e imos seguir potenciando este aspecto. Intentaremos tamén introducir seminarios e talleres nos que participen profesionais do mundo laboral para que os estudantes desde o primeiro curso vexan a realidade do mundo laboral e poidan comprobar que o que están aprendendo nas aulas é o que se utiliza nas empresas.

A que cre que se debe a baixa matrícula na actual titulación?

Eu penso que unha das principais causas é que tanto no primeiro curso como na metade do segundo as materias eran comúns con Humanidades, polo que era unha formación moi rara, na que os alumnos de primeiro curso vían que había unha carga moi forte en Literatura, Humanidades, Historia... asignaturas que igual non era o que querían. Tampouco podemos olvidar a situación de crise que viviu este país e que en Ferrol é moito máis pronunciada que no resto de España. A inauguración do ciclo colleunos coa costa abaixo do ciclo económico, co cal o número de alumnos baixou. Agora agardamos que o novo título capte novos alumnos.

Haberá cambios no plantel de profesorado?

O que xa estaba no anterior ciclo vai seguir participando porque son profesionais de recoñecida valía, pero como aparece nova formación relacionada coas tecnoloxías da información, pois entra profesorado novo de Informática e de Matemáticas.

Miguel R. Luaces | “O novo título ten moita maior carga docente en aspectos de tecnoloxías da Información”

Te puede interesar